O que debería ser un asunto de mero trámite, o rexeitamento ás alegacións presentadas ao orzamento municipal para 2025, acabou nunha gran bronca entre o PP e o PSOE.
Foi despois de que o portavoz do PP, Rafa Domínguez, acusase aos socialistas de apoiar unhas contas que "practicamente son las mismas" do ano pasado, cando o alcalde se viu obrigado a aprobalos a través dunha moción de confianza.
Para Domínguez, os socialistas "hoy están aquí, mañana están allá y pasado en República Dominicana, que es a donde van todos los corruptos del PSOE".
Esta última referencia fixo que Iván Puentes estalase contra o líder do PP, ao soster que era "gravísimo" que os populares "deslicen a máis mínima sospeita de corrupción" sobre el ou sobre os seus compañeiros do grupo municipal defendendo así a súa honorabilidade.
Tras esixir que rectificase o seu comentario, Puentes sostivo que os socialistas "nunca caimos na tentación" de vincular aos concelleiros do PP cos casos de corrupción na súa formación política "a pesar de todo o lixo e toda a basura que teñen vostedes no seu partido".

O líder popular, que matizou que "no me consta" ningún caso de corrupción entre os socialistas pontevedreses, afirmou que el referíase "a Ábalos, a Koldo, al hermano de Pedro Sánchez y a la mujer de Pedro Sánchez", asegurando que "entiendo que estén preocupados" por iso.
Ante a deriva do debate orzamentario, o alcalde optou por resolver a conversación e instar aos edís a votar a aprobación das contas, ante o que Rafa Domínguez afirmou que Lores "no quiere escuchar a los corruptos del PSOE".
"Pouca vergonza", respondeu Fernández Lores, que non puido evitar que continuasen os reproches mutuos entre as bancadas do PP e do PSOE. Foi ata que o popular Martín Martínez deu un sonoro golpe na mesa lembrando a todos que "estamos en el pleno de Pontevedra, por Dios".
LUZ VERDE AO ORZAMENTO
Este debate non impediu que o orzamento municipal de Pontevedra para 2025, que ascenderá inicialmente a 98,6 millóns de euros e que, segundo o responsable de Facenda, Raimundo González, son as contas máis elevadas da historia do municipio.
González subliñou que só pola inclusión de dúas actuacións, a renaturalización do Gafos e o novo parque da Parda, estas contas "xa pagaban a pena".
A pesar dos socialistas apoiaron o rexeitamento das alegacións presentadas polo sindicato CC.OO, en coincidencia co expresado polos técnicos municipais, si apelaron ao BNG a que abra un negociación cos traballadores para resolver as súas reivindicacións.
Para Rafa Domínguez, con todo, o orzamento de Pontevedra para 2025 é "malo e insolidario", o que provocará, entre outras cuestións, que empeoren os barrios e parroquias ou que contribúan a que na cidade "se sigan cerrando negocios día tras días".