A Casa da Luz acolle un curso de xeoposicionamento en Internet para comerciantes de Pontevedra. O proxecto busca que os empresarios da cidade, nalgúns casos propietarios de establecementos tradicionais, poidan adaptarse ás novas tecnoloxías e aprendan a vender os seus produtos na rede.
No curso participan comerciantes de distintas empresas pontevedresas que van dende o textil ata a alimentación pasando por distribución de material eléctrico. A concellería de Promoción económica, Carlota Román, indicou que agora "los clientes se pasan varias horas delante del ordenador viendo características de los productos que quieren adquirir. No queda otro remedio que adaptarse a la cultura 2.0 e que os comerciantes aprendan cómo posicionarse en la red".
O curso céntrase en facer visible a marca da empresa en Internet co obxectivo de que os clientes próximos poidan localizala rapidamente a través das redes sociais e do buscador. Tras unha fase de explicacións teóricas, os comerciantes contan con sesións prácticas titorizadas para que aprendan a aplicar as fórmulas de posicionamento.
Segundo afirmou Carlota Román, trátase do terceiro curso destas características que se celebra nos últimos meses e todos teñen sido un éxito. Ao longo deste ano, a concellería de Promoción económica porá en marcha outro curso máis para continuar promovendo a presenza do comercio pontevedrés en Internet.