A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Pontevedra informou do aprazamento da Marcha Contra o Cancro que estaba prevista para este domingo 6 de outubro na Boa Vila.
O motivo da suspensión son as malas previsións meteorolóxicas.
Debido a iso fixouse como nova data o domingo 13 de outubro mantendo o seu mesmo horario (10.30 horas) e características cun percorrido de 5,3 quilómetros.
Co seu atraso unha semana o prazo de inscrición prolongarase en liña ata o vindeiro mércores 9 de outubro ás 23:59 horas e de maneira presencial na sede da entidade (Rúa Eduardo Pondal 64A), ata o sábado 12 ás 21:00 horas, ademais de no mesmo día da proba.
En canto á entrega de dorsais trasládase aos días 11 e 12 de outubro na sede da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra en horario de 9.30 a 21.00 horas e no 13 de outubro na zona de saída, na Praza de España, de 8.30 a 10.00 horas.