Aprazan ao domingo o desfile de entroido de Vilagarcía ante a previsión de chuvias

08 de febreiro 2016

A celebración do desfile concurso de disfraces de Vilagarcía trasládase ao vindeiro domingo 14 de febreiro, debido á alta probabilidade de choiva existente para a tarde deste martes de Entroido. O programa do multitudinario evento manterase por completo, coa única variación da data

Participantes no desfile de entroido 2016 en Marín
Participantes no desfile de entroido 2016 en Marín /

A celebración do desfile concurso de disfraces de Vilagarcía trasládase ao vindeiro domingo 14 de febreiro, debido á alta probabilidade de choiva existente para a tarde deste martes de Entroido.

O programa do multitudinario evento manterase por completo, coa única variación da data.

A previsión meteorolóxica apunta un 80% de probabilidades de choiva e fortes ventos. Ante este panorama, e para non estragar o desfile de carrozas e disfraces que tradicionalmente se celebra o martes de Entroido, a Concellería de Cultura decidiu suspender o acto e trasladalo ao domingo de Piñata.

Dado que o sábado a axenda de Entroido da localidade prevé xa a celebración das actividades do Sábado Inglés, xa dende a tarde, e a que tamén esa tarde se festexan os enterros da Sardiña en Vilaxoán e o Arenke en Bamio, o departamento que dirixe Sonia Outón decidiu aproveitar a tarde do Domingo de Piñata, para realizar o desfile.

Como estaba previsto, sairá ás cinco da tarde dende a Rúa Alexandre Bóveda.

Como consecuencia do aprazamento, a Concellería de Cultura amplía o prazo de inscrición no desfile de Entroido ata o xoves 11 de febreiro, ás 14:00 horas

Arquivado en