Aprazado o Entroido de Poio para o venres 1 e sábado 2 de marzo

Poio
22 de febreiro 2024

O Concello de Poio vén de comunicar que as previsións climatolóxicas para esta fin de semana obrigan, finalmente, a aprazar o Entroido

Desfile do Entroido de Poio
Desfile do Entroido de Poio / PontevedraViva

O Concello de Poio vén de comunicar que as previsións climatolóxicas para esta fin de semana obrigan, finalmente, a aprazar o Entroido para o venres 1 e o sábado 2 de marzo. 

Así, o venres 1 de marzo, ás 18:00 horas terá lugar a festa familiar de Entroido con Gran Barafunda Animación. Ás 21:00 horas será a pasarela de Entroido, a exhibición de comparsas e animación musical con Dolce Vita. Todo nas instalacións da Seca.

Para o sábado 2 de marzo, ás 12.00 horas está prevista a saída do desfile principal de Entroido de Poio, dende a biblioteca municipal ata a Praza da Granxa, en Campelo.

Tamén para ese sábado, ás 21:00 horas, trasládase o enterro do Galo Fodorico que se celebrará na Praza do Mosteiro, e ás 21:30 horas comezará a festa Choqueira con chocolate quente e a actuación do Trío Arena.

Arquivado en