As malas previsión meteorolóxicas para a tarde do martes 8 de febreiro (cunha alta de probabilidade de choiva e fortes ventos) debuxan un complicado panorama para as actividades ao aire libre. Deste xeito, e tendo en conta as recomendacións dos corpos de seguridade locais, procedeuse a aprazar o desfile de entroido previsto no Grove.
O desfile celebrarase o vindeiro sábado 20 de febreiro nos mesmos horarios inicialmente previstos para o martes. Todos os que queiran participar deberán inscribirse previamente na carpa do Entroido para, a partires das 17.00 horas, comezar o desfile polo Sambódromo Meco que estará amenizado polo DJ Carramón. A partires das 21.00 horas, de novo na carpa da Praza do Corgo, celebrarase a festa de entrega de premios.
Para este martes, tense organizado un plan alternativo para que os máis cativos non queden sen festa. Así, entre as cinco e as oito da tarde poderán desfrutar dun inchablel, xogos e animación a cuberto na carpa do Entroido.
Dende o Concello lembran, ademais, que as comparsas locais acordaron manter a súa tradicional ruta de bares a partires das cinco da tarde.