Aprazado de novo o Entroido de Sanxenxo debido ao mal tempo

Sanxenxo
22 de febreiro 2024

Afecta ao baile de Entroido da terceira idade, o espectáculo de parodias do sábado e os dous desfiles, infantil e adultos, do domingo

Día de choiva en Sanxenxo
Día de choiva en Sanxenxo / Mónica Patxot

O Concello de Sanxenxo comunicou que as previsións meteorolóxicas obrigan a suspender para o día 2 e 3 de marzo as actividades de Entroido programadas para esta fin de semana.

Trátase do baile de Entroido da terceira idade, o espectáculo de parodias do sábado e os dous desfiles, infantil e adultos, do domingo.

Hai dúas semanas foi a borrasca Karlotta a que obrigou a suspender moitos dos actos de entroido previstos en Sanxenxo que tampouco puideron celebrarse esta pasada fin de semana debido ás eleccións autonómicas. 

Con todo, as previsións para esta fin de semana do 24 e 25 de febreiro volven anunciar choivas e un tempo desapacible.

Arquivado en