Aposta pola continuidade na lista electoral do PP de Marín: "Cando algo funciona, sería pouco acertado cambialo"

Marín
16 de abril 2023

A candidata popular á alcaldía de Marín, María Ramallo, deu a coñecer a composición da lista electoral coa que aspirará a renovar a alcaldía nos comicios do próximo 28 de maio

María Ramallo presenta a lista electoral do PP de Marín
María Ramallo presenta a lista electoral do PP de Marín / Partido Popular

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Marín, María Ramallo, deu a coñecer a composición da lista electoral coa que aspirará a renovar a alcaldía nos comicios do próximo 28 de maio.

Trátase dunha candidatura con moi poucos cambios, especialmente nos postos principais, e é que "cando algo funciona, sería pouco acertado cambialo", asegura Ramallo.

"Foi unha lexislatura dura polo que nos tocou vivir, pero tiven ao mellor equipo cos mellores resultados na historia do PP", defende a candidata agradecendo o apoio do seu equipo, ao que "soamente pido traballo e lealdade".

Esta lista, defende a cabeza de cartel do Partido Popular, é "froito dunha conxunción de idades, equilibrios, parroquias, algúns que se inician e moitos que repiten".

A candidatura do PP de Marín ás leccións municipais compóñena: 1-María Pilar Ramallo Vázquez, 2-Manuel Santos Costa, 3-Marián Sanmartin García, 4- Pablo Novas Caballero, 5-Antonio Traba Miñones, 6-Cristina Acuña González, 7-Paco Estévez Salazar, 8-Beatriz Rodríguez Gómez, 9-Antonio Caíña Fortes, 10-Itzíar Álvarez Tapia, 11-Mónica Viqueira Rodríguez, 12-Hugo González López, 13-Manuel Domingos González García, 14-Adrián Arias Carracelas, 15-Eugenia Fazanes Santos, 16-Nuria Casal Dopazo, 17-José Cidrás Rosales, 18-Ramiro Gestido Pousada, 19-Luis Lago García, 20-María del Carmen García Campelo, 21-Benito Touriño Touriño.

Como suplentes aparecen: 1-Ángel Hermida Campos, 2-Sheila Blanco Martínez, 3-Jose Antonio Blanco Trabazo, 4-Marcos Filgueira Díaz, 5-Charo Rodal López, 6-Otilia Novegil Villanueva, 7-Antonio Solla Aquino, 8-Antonio Boullosa Souto, 9-Carolina Solla Martínez, 10-José Ramón Abal Pazos.