Apoian os pontevedreses o recurso contra ENCE interposto polo Concello?

Pontevedra
08 de xuño 2016

A alcaldesa en funcións, Carme da Silva esgrimiu que a maioría, social e na corporación, apoia o recurso xudicial contra a continuidade da fábrica de Ence en Lourizán ata 2073. Pola contra, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dúbida de que haxa ese respaldo xeral

Fábrica de Ence en Lourizán
Fábrica de Ence en Lourizán / Mónica Patxot

A alcaldesa en funcións, Carme da Silva esgrimiu que a maioría, social e na corporación, apoia o recurso xudicial contra a continuidade da fábrica de Ence en Lourizán ata 2073. Pola contra, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dúbida de que haxa ese respaldo xeral.

Á marxe da propia empresa, o Partido Popular foi o primeiro en saír ao paso da decisión do goberno local do BNG de recorrer a decisión do Goberno en funcións.

O vicepresidente da Xunta e presidente provincial do partido, Alfonso Rueda, manifestou que o Concello está "no seu dereito", pero remarcou que na mobilización convocada esta fin de semana houbo "bastante menos xente que noutras ocasións". Por iso, instou ao goberno local a valorar se a súa decisión "representa a vontade" dos seus cidadáns.

Pola súa banda Carme da Silva respondeu a Rueda "presuntamente veciño de Pontevedra" lembrando que o BNG, desde que accedeu á alcaldía no ano 1999, "sempre dixo o mesmo. Nunca enganamos a ninguén", algo que reprochou ao Partido Popular que "utilizou os sumideiros do Estado para chegar a un acordo coa empresa e darlle esa prórroga".

Finalmente destacou o seu convencemento de que conta co apoio de "toda a sociedade pontevedresa".

Arquivado en