Apertura do prazo para solicitar un posto no Mercadiño de Nadal no primeiro andar do Mercado de Abastos

Pontevedra
08 de decembro 2023

Segundo indica o Concello de Pontevedra, poden solicitar os postos entidades ou particulares que desexen ofrecer produtos creativos ou postos de bebida e comida nas casetas situadas nese espazo do Mercado da rúa Serra

Escolares na entrada do Mercado de Abastos
Escolares na entrada do Mercado de Abastos

A concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra publicou as bases para todas aquelas persoas e entidades que desexen participar no programa 'Nadal no Mercado'.

Na primeira planta da Praza de Abastos instaláronse unhas casetas para acoller un mercado creativo no que se poderán ofrecer artigos singulares relacionados coa economía creativa.

Este mercadiño destínase a público adulto e infantil e permanecerá aberto desde o mércores 27 de decembro ao domingo día de fin de ano.

As persoas interesadas poderán tamén solicitar a concesión dun posto de comida e bebida no mesmo espazo do recinto.

Aquelas persoas que teñan interese en participar poden consultar as bases e cubrir a inscriciónnesta ligazón da dirección web do Concello de Pontevedra.