Unha camada de cinco gatos era atopada nun contedor próximo á praia de Portocelo, no vial das praias de Marín.
Unha persoa alertou á Policía Local da presenza dos animais. Desde a concellería de Medio Ambiente deron aviso a un operario para que rescatase aos animais abandonados dentro do contedor.
Un deles xa falecera no momento en que se retiraban do recipiente, segundo informa o Concello de Marín.
O resto de felinos foron entregados a unha voluntaria da asociación 'Respeta, rescata, protege y adopta', este colectivo encargarase do seu coidado co apoio económico do servizo municipal para a manutención das crías atopadas.
Marián Sanmartín, concelleira responsable de Medio Ambiente, realizou unha condena "brutal e rotunda" ante situacións como estas e lembra á cidadanía que o benestar animal é un dereito regulado por unha lei estatal e que o Concello está a traballar para aplicala de maneira que se eviten este tipo de incidencias.