Antón Louro lamenta que o novo edificio dos xulgados tamén leve camiño de quedar no caixón

Pontevedra
11 de abril 2014

Onde está o proxecto definitivo do edificio dos xulgados?, e cando van licitarse unhas obras que os pontevedreses levan agardando dende 2009?, pregunta o tenente de alcalde e portavoz municipal socialista, Antón Louro. "Van alá xa cinco anos de desculpas, escusas e demagoxia por parte do Partido Popular e seguimos sen novas", señaló el portavoz

Debuxo do proxecto do novo edificio da Parda
Debuxo do proxecto do novo edificio da Parda

Onde está o proxecto definitivo do edificio dos xulgados?, e cando van licitarse unhas obras que os pontevedreses levan agardando dende 2009?, pregunta o tenente de alcalde e portavoz municipal socialista, Antón Louro. "Van alá xa cinco anos de desculpas, escusas e demagoxia por parte do Partido Popular e seguimos sen novas", señaló el portavoz.

O responsable municipal de urbanismo recordou que en 2014, o Concello de Pontevedra aprobou un Plan Especial de Reforma Interior (PERI) para os terreos previstos e gastou 1.394.398,02 en expropialos. A Consellería de Presidencia, pola súa banda, gastou 270.000 euros na contratación dun proxecto arquitectónico que, case dous anos e medio despois da súa contratación, aínda non está entregado.

"Os obstáculos por parte da Consellería dende 2009 foron constantes", sinalou o tenente de alcalde, en concreto, dixo, rexeitou construír o inmoble a través dun Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal, rexeitou convocar un concurso de proxecto e obra, tratou de bloquear os terreos a través do Plan do Litoral e obrigou ao Concello a tramitar o PERI e expropiar pola vía ordinaria.

Solventados todos estes trámites, "a Xunta e o PP rescatan as escusas banais sobre os trámites pendentes no Rexistro da Propiedade", para Louro estas son "as mesmas que xa utilizaron no seu día para atrasar a recepción dos terreos para o instituto Carlos Oroza, unha dotación que, finalmente, tiveron que admitir que non tiñan pensado executar".

En conclusión, "a realidade é que a crise económica tamén está a afectar ao edificio xudicial", insiste Antón Louro, e que "os cartos que o conselleiro Alfonso Rueda dicía ter paralizados non aparecen por ningures".