Anova propón que a antiga sede da Xunta sexa casa de acollida

Pontevedra
06 de agosto 2013

"Podería correr coa súa xestión ou ben Servizos Sociáis do Concello, Cruz Vermella, ou calquera organización que se adique a protección social⿝, explica o voceiro de Anova, Claudio Quintillán, sobre o edificio de Benito Cobal  

Nuns días cumpriránse 5 anos da inauguración do Edificio Campolongo da Xunta de Galicia, un traslado que deixou baleira a antiga sede na rúa Benito Corbal, 42.

O voceiro de Anova, Claudio Quintillán, cualifica coma "lamentable que na situación que levamos atravesando con numerosas persoas e familias expulsadas das súas vivendas por desfiuzamentos, carentes de ingresos e en risco de exclusión, moitos e moitas pernoctando nas rúas, un edificio como éste ultimo, permaneza pechado, sen alternativa inmediata, e que podería servir como albergue ou centro/residencia provisorio para todas esas persoas".

Trátase dun edificio con 8 andares, os catro primeiros con máis amplitude que o resto, con ascensores, adaptado para discapacitados, salón de actos, "so necesitaría dotar a cada andar de servizos de cociña e  ducha, xa que conta en cada ún con sanitarios, para poñélo a disposición de quen acredite estar nalgunha das situación expostas, podendo acoller unhas 20 familias ou un número moito maior no caso de individualidades, e que podería correr coa súa xestión ou ben Servizos Sociáis do Concello, Cruz Vermella, ou calquera organización que se adique a protección social", explica Quintillán.

"O que carece de sentido e  resulta todo un agravio, é, non facer uso dun edificio público, para seguir pechado, polo que instamos a toda persoa interesada, a esixir das administracións a súa apertura e disposición como casa de acollida, ou incluso, a súa ocupación", din desde a formación nacionalista, "estamos dispostos a apoiar e colaborar con calquera iniciativa nese senso".