Animais fantásticos e onde atopalos no mercado

Pontevedra
15 de marzo 2017

Percebes, lagostinos, centolas, camaróns, polbos, todos eles son animais fantásticos que causan o asombro dos máis pequenos. Así o demostraron este mércores os alumnos do Crespo Rivas que acudiron ao Mercado de Pontevedra para atoparse con estas marabillas da natureza

Visita ao Mercado dos alumnos do Crespo Rivas
Visita ao Mercado dos alumnos do Crespo Rivas / Crespo Rivas

Percebes, cigalas, centolas, camaróns, polbos... todos eles son animais fantásticos que causan o asombro dos máis pequenos. Así o demostraron este mércores os alumnos do Crespo Rivas que acudiron ao mercado de Pontevedra para atoparse con estas marabillas da natureza.

Por raro que poida parecer os pequenos non estaban familiarizados con eles, de aí os berros e os aplausos ante os movementos de cada un deles.

Toda unha clase práctica que continuou da man dos cociñeiros do El Cafetín, Rubén González e Sergio Orge que guiaron aos nenos na elaboración dunha receita cos produtos frescos da praza.

Como remate os alumnos do Crespo Rivas entoaron unha canción especialmente composta para esta visita coa que agradeceron a todos a dedicación e o agarimo mostrado nesta divertida visita.