O programa A Memoria das Mulleres, posto en marcha o pasado mes de abril pola concellería de Patrimonio e Memoria Histórica, ten un novo vídeo.
Nesta ocasión, o nova peza audiovisual é obra de María Rúa, que publicou no seu Tik Tok un vídeo dedicado á biografía de Ángeles Ruibal.
É unha peza sinxela e directa, no que a creadora fala á cámara e resume en menos de dous minutos a vida desta artista pontevedresa.
No vídeo fai fincapé nun dos problemas máis habituais que sofren as mulleres na música e na composición, como é a falta de recoñecemento para coa súa obra, vendo como algunhas das súas obras acaban sendo atribuídas a outras persoas.
O proxecto A Memoria das Mulleres naceu no ano 2013, e este ano aas escollidas para divulgar as diferentes biografías de mulleres a través da páxina web www.dogrisaovioleta.gal son María Rúa (@pradorua), Helena López (@cousasrarismas) e Sara Seco (@sarasecorial) que constrúen de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual da historia das mulleres en Pontevedra.