Ángel Moldes avanza unha baixada no recibo do IBI en Poio para 2026

Poio
19 de outubro 2024

O alcalde asegura que esta medida supoñerá un aforro anual aos veciños de máis de 300.000 euros. A súa intención é modificar a ordenanza antes de final de ano para que poida ser aplicada en 2026

Reunión institucional entre o presidente da Deputación e o alcalde de Poio
Reunión institucional entre o presidente da Deputación e o alcalde de Poio / Deputación de Pontevedra

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, anuncia unha baixada fiscal, concretamente nos Impostos de Bens Inmobles (IBI).

Avanza o rexedor que o goberno local está a traballar na modificación da ordenanza para permitir unha rebaixa de catro puntos neste imposto a partir de 2026.

A ordenanza debe ser modificada antes de final deste mesmo ano, para que tendo en conta os prazos administrativos poida aplicarse nos recibos da seguinte anualidade.

En concrero o tipo de gravame baixará do 0,47% ao 0,43%, o que asegura suporá un aforro de máis de 300.000 euros anuais para os veciños de Poio.

"Somos coherentes, responsables e seguimos cumprindo coa nosa palabra, convertendo as promesas en feitos, en medidas que axudan ás familias de Poio e alivian a presión fiscal", defendeu Moldes ao xustificar a decisión.

"Este é o noso modelo, queremos que os veciños paguen uns impostos xustos", asegura o alcalde lembrando as baixadas fiscais aprobadas hai un ano nos recibos dos vaos e das viñetas dos coches.