Co título 'Falamos de diabetes?', este sábado 14 de xaneiro, ás 11.00 horas na Casa Azul de Pontevedra, desenvolverase unha charla-taller a cargo de Vanesa Martínez, unha enfermeira que debutou coa diabetes cando xa era profesional sanitaria.
Esta charla organizada pola asociación Anedia vai destinada a todas as persoas interesadas e é gratuíta.
As inscricións deben realizarse a través de anediagalicia@gmail.com ou nos números 644 97 14 54 e 644 31 95 95.
Desde Anedia sinalan que a intención desta iniciativa é difundir conceptos sobre a enfermidade e resolver dúbidas tanto de pacientes de diferentes idades como de familiares. O colectivo ten previsto manter actividades de fronte ao futuro.
Esta actividade subvencionada por Fegadi - Federación Galega de Asociacións de persoas con Diabetes, coa colaboración da concellería de Benestar Social de Pontevedra.