Andrés Díaz, primeiro alcalde socialista de Ponte Caldelas mentres que na Lama, Jorge Canda cumpre 20 anos como rexedor

Ponte Caldelas
13 de xuño 2015

Jorge Canda (PP) e Andrés Díaz (PSOE) acaban de facer historia nos seus respectivos municipios

Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas
Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas

Jorge Canda e Andrés Díaz acaban de facer historia nos seus respectivos municipios.

No caso de Andrés Díaz ao ser o primeiro socialista en ser investido alcalde en Ponte Caldelas.

Ao sumar o PSOE os votos dos edís do BNG e da Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas (AVP) púidose pechar unha etapa de 24 anos de gobernos do Partido Popular.

O novo rexedor asegurou tomar esta nova responsabilidade con "humildade" e prometeu aos veciños de Ponte Caldelas "dedicación e esforzo" nesta tarefa.

Andrés Díaz contou co apoio dun numeroso grupo de veciños e simpatizantes do tripartito que formará o novo goberno coaligado da vila.

A LAMA

Pola súa banda o popular Jorge Canda conseguiu reter o bastón de mando nas mans do Partido Popular na Lama ao tempo que cumpre vinte anos á fronte da corporación local.

Na sesión de investidura, Jorge Canda agradeceu a confianza depositada nel e o seu equipo por parte dos seus veciños, por quinto mandato consecutivo, e marcouse o reto de gobernar para poder recuperar o concelleiro que perdeu para as eleccións dentro de catro anos.

Arquivado en