Andrés Díaz asegura que "a Xunta de Galicia leva máis de seis anos sen facer ningún investimento en Ponte Caldelas"

Ponte Caldelas
12 de xaneiro 2021

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e a viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Paloma Castro, reuníronse este martes en Ponte Caldelas para valorar os orzamentos da Xunta de Galicia

Andrés Díaz e Paloma Castro
Andrés Díaz e Paloma Castro / Concello de Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e a viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Paloma Castro, reuníronse este martes en Ponte Caldelas para valorar os orzamentos da Xunta de Galicia. Díaz explicoulle a Castro que "a Xunta de Galicia leva máis de seis anos sen facer ningún investimento en Ponte Caldelas".

O alcalde sinalou que a reforma da estrada PO-234, "era unha promesa que xa lle fixeran ós exalcaldes Fidel e Perfecto Rodríguez" e que se materializou "gracias a que os veciños de Laxoso e Augasantas se organizaron nunha plataforma e se manifestaron ata en dúas ocasións para reivindicar a tan necesaria mellora do vial".

En materia de saneamento, afirmou que a última rede que se conectou no municpio foi na Reigosa, fai seis anos.

"A carencia de rede saneamento na maior parte dos núcleos do rural é a principal eiva para a que se demanda investimento da Xunta", explicou Díaz á viceportavoz socialista, e indicoulle que Ponte Caldelas reclama o saneamento para os lugares de Laxoso, A Fraga, Caritel, Forzáns, Aluncía, Esfarrapada, Anceu, Barbudo, Rebordelo, Regodobargo, Chaín, A Insua, A Roca, Coveliño, Parada, Contixe, Mirón, A Pousa, A Sorreira, Portasouto, Baltar (terceira fase) e Avecil-Cuñas (terceira fase).

"Os orzamentos da Xunta discriminan ós concellos de distinta cor política, e Ponte Caldelas é un exemplo claro, cun investimento directo de 0 euros. Por iso dende o PSdeG exisimos á Xunta que goberne para todos", indicou Castro.

Díaz e Castro reunínrose ante a Casa da Quintán, unha vivenda que a Fundación Sálvora cedeu á Xunta de Galicia e que na que o Concello de Ponte Caldelas propón a apertura dun Centro de Día público para persoas maiores. "A Casa da Quintán está totalmente equipada para poñerse en marcha prácticamente a custo cero e, sen embargo, a Xunta de Galicia prefire tela pechada en lugar de ofrecer un servizo tan necesario e imprescindible no rural galego". 

Ponte Caldelas tamén reclama apoio para o mantemento da Área Arqueolóxica de Tourón e unha partida orzamentaria concreta para a conservación dos petróglifos, a reparación dos valados e dos paseos construidos en madeira en cada unha das estacións, así como para o mantemento do Centro de Interpretación.

A reparación e posta en valor dos pasos tradicionais de Taboadelo, sobre o río Verdugo; ou a actuación de ornato interior e adecuación do Centro de Saúde son outras son outras das demandas que se reclaman dende Ponte Caldelas.