Ribadumia está a consolidarse ano a ano coma un destino a visitar ao longo do ano e especialmente no verán. Así o destaca o goberno municipal, que revelou que as visitas turísticas medraron notablemente durante os meses de xullo e agosto.
Segundo a información que obra na base de datos da oficina de turismo, 2.531 persoas fixeron uso deste servizo, da cales 1.824 foron visitantes nacionais e 707 foron internacionais.
En canto ao perfil dos usuarios, foron 1.913 peregrinos, 81 excursionistas e 537 turistas.
Con respecto á súa procedencia, 628 persoas chegaron desde Andalucía, mentres que 312 fixérono desde Madrid. Tamén houbo moitos turistas de Valencia e Castilla La Mancha.
Entre os visitantes de procedencia internacional, destacaron os chegados desde Italia (161), Portugal (134) ou Estados Unidos (82).
Desde o Concello sosteñen que a variedade de espazos de interés cultural, etnográfico e medioambiental como a ruta do Padre Sarmiento e a Variante Espiritual, os muíños de Barrantes e de Batán, a senda fluvial do Río Umia ou o Monte do Castro, unidos á gastronomía e á oferta de eventos festivos, culturais ou deportivos fan de Ribadumia un destino turístico á alza.