O colectivo de iniciativa cidadá de Memoria Democrática de Vilagarcía convida á cidadanía para participar na Andaina pola Memoria prevista para o domingo 14 de abril ás 11.00 horas.
Iniciarase no Cemiterio xeral, cun percorrido interior que comezará no Monumento da Fosa Común para despois desenvolverse polos espazos de enterramento de figuras relevantes, con breves explicacións dos acontecementos relacionados con cada unha das persoas.
O roteiro continuará polo de Loenzo e finalizará en Os Martices. En todos eles realizaranse intervencións informativas sobre as vítimas do franquismo,
Haberá un especial recordo da militancia sindical das vítimas da CNT.
A actividade completarase coa presentación do libro 'Pasado arrincado. Lugares de memoria democrática en Galicia', un traballo do catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Emilio Grandío Seoane, quen participará neste acto co historiador Javier Frieiro.
A presentación vai levarse a cabo o venres 12 de abril ás 20.00 horas no local de O Faiado da Memoria.