Ana Isabel Vázquez, número 4 da lista do PP ás municipais

Pontevedra
18 de marzo 2019
Actualizado: 11:46

A súa inclusión na lista dos populares supón o seu regreso á política municipal. Lembremos que xa foi concelleira no equipo liderado por Telmo Martín entre os anos 2011 e o 2015, recalando na  Deputación de Pontevedra onde foi responsable de Cultura durante a presidencia de Rafael Louzán

Ana Isabel Vázquez e Rafa Domínguez
Ana Isabel Vázquez e Rafa Domínguez / Mónica Patxot

O candidato á Alcaldía de Pontevedra polo Partido Popular, Rafael Domínguez, anunciou nas redes sociais que Ana Isabel Vázquez irá de número de 4 da súa candidatura ás municipais.

Ana Isabel Vázquez é a xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, un cargo que afirma vai ser compatible coa súa función como concelleira da corporación se sae elexida nos vindeiros comicios. A representante do PP, acompañada por Rafa Domínguez, afirmaba este luns que quere devolverlle a Pontevedra a ilusión con proxectos culturais que devolvan ao municipio o seu carácter referencial en toda España. Ao mesmo tempo, entende que a cultura tamén debe de ser un espazo para fomentar o emprego e a economía. Desa maneira indicou a necesidade de poñer en marcha un clúster cultural.

Por outra banda, indicou que é preciso ofertar actividades culturais tamén para as parroquias do rural e involucralas a través de iniciativas transversais. Ana Isabel Vázquez afirmou na presentación que é "bonito" volver á política local.

A súa inclusión na lista dos populares supón o seu regreso á política municipal. Lembremos que xa foi concelleira no equipo liderado por Telmo Martín entre os anos 2011 e o 2015, recalando na  Deputación de Pontevedra onde foi responsable de Cultura durante a presidencia de Rafael Louzán.

Da lista de Rafa Domínguez, por agora, tan só coñécese que a número dous é  Pepa Pardo.

 

Arquivado en