Ana e Bruno converten a decembro no mes máis chuvioso do ano

Pontevedra
27 de decembro 2017

O último temporal deixou algunhas incidencias como bolsas de auga nas estradas, colectores movidos, caída de ramas, valos e sinais de tráfico derrubadas. A pesar dos continuos ballóns e sobre todo a pesar dos intensos ventos, a xornada do martes saldouse sen incidentes destacados

Temporal
Temporal / Mónica Patxot

As borrascas Ana e Bruno converteron a decembro no mes máis chuvioso do ano máis seco da última década, segundo os rexistros de Meteogalicia.

O último temporal deixou algunhas incidencias como bolsas de auga nas estradas, colectores movidos, caída de ramas, valos e sinais de tráfico derrubadas. A pesar dos continuos ballóns e sobre todo a pesar dos intensos ventos, a xornada do martes saldouse sen incidentes destacados.

Tamén Augas de Galicia certifica que no encoro do Pontillón, que forma parte da rede de abastecemento de Pontevedra e a súa ría, atópase ao 98% da súa capacidade total. E a presa que abastece a Vigo, o encoro de Eiras cuxa situación de emerxencia está detrás do polémico transvasamento desde o río Verdugo, está ao 82,8%. 

O encoro do Umia atópase ao 45%, mentres que o do Con, que fornece auga a Vilagarcía, rolda o 35%. 

Para este mércores Meteogalicia activou un aviso con alerta laranxa en todo o litoral galego. Espéranse ondas de máis de 7 metros. O xoves a alerta cambiará a amarela. A previsión sinala que continuará a inestabilidade e espérase unha Noitevella pasada por auga.

Arquivado en