O Concello de Barro vén de aprobar a licenza solicitada por Telefónica para poñer fibra óptica en Búa.
Búa é un dos lugares xunto con Maquieira, Aldeíña e Couso que aínda non contaba co servizo de cable.
O proxecto, que ten como obxectivo facilitar este servizo ás 1.300 vivendas de Barro, terá un custo aproximado de 52.000 euros.