Amoriños de Bora e Cor Café, primeiro premio do Desfile de Marín

Marín
24 de febreiro 2020

Este domingo celebrouse o Desfile do  Entroido de Marín que estivo animado por oito comparsas e sete grupos. O desfile arrincou ás cinco da tarde da Praza do Regueiro percorrendo a Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal e Parque Eguren  

Desfile do Entroido en Marín
Desfile do Entroido en Marín / Diego Torrado

Este domingo celebrouse o Desfile do Entroido de Marín que estivo animado por oito comparsas e sete grupos.

O desfile arrincou ás cinco da tarde da Praza do Regueiro percorrendo a Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal e Parque Eguren.

O xurado concedeu o primeiro premio en comparsas a Amoriños de Bora, o segundo para os Solfamidas, Os Miúdos (3º), Las flores del Carnaval (4º) e Os do Pinsel (5).

Na categoría de grupos leváronse o primeiro premio Cor Café, sendo o segundo para A fraga encantada, Queen forever (3º), Toy Narrativa (4º), Asociación A Pandilla (5º), Murga Tinta femia (6º), As faltriqueiras (7º), Aldea do rural (8º) e La alegría de la huerta (9º).

Na categoría parellas o primeiro premio foi para "Unha especie a piques de extinguir", o segundo "Reflexos das mascaras galegas de Entroido" e o terceiro para "Dragones e mazmorras".

Finalmente, en canto aos disfraces individuais, en primeiro lugar foi premiada "Avestruz revltosa", o segundo premio foi para " Wampa" e o terceiro para " Gatito de peluche".

O entroido continúa este luns coa Festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por Pousos da Area. 

 

 

Arquivado en