O próximo sábado 4 de marzo, Amnistía Internacional fará un acto a mediodía na Praza de España para conseguir o compromiso real do Concello coa acollida das persoas refuxiadas.
O goberno central comprometeuse a acoller a un total de 17.337 persoas ata setembro deste ano e de momento só chegaron 1.100 delas. Porén, a pesar destas ridículas cifras, algúns concellos e parlamentos autonómicos mostraron iniciativas sobre acollida.
Por este motivo, Amnistía Internacional quere que os concellos fagan pública unha cifra verdadeira do número de persoas que teñen a posibilidade de acoller, coa finalidade de apertar así ao goberno central para que asuma de unha vez a súa responsabilidade coa acollida de persoas que foxen da guerra e da persecución.
O acto convocado no Concello de Pontevedra quere facer chegar ás autoridades locais e autonómicas o compromiso de que este sábado inauguran unha cidade acolledora.