Representantes da Asociación Amizade; o concelleiro de deportes, Tino Fernández; o director do Centro Municipal de Campolongo, José Bamio; e a arquitecta da obra, Beatriz González, reuníronse durante a mañá deste luns para coñecer a situación dos planos do Centro Municipal de Deportes de Campolongo.
O motivo da reunión foi ver a posiblidad de mellorar algunhas "pequenas cousas" para que aquelas persoas que teñan algún tipo de dificultade para acceder ao centro poidan facelo sen problema. Entre as propostas realizadas foron "desprazar vinte centímetros un muro do vestiario", explicou Paulo Fontán, representante de Amizade.
Ante as proposicións, o director do centro ve a posiblidade de reunirse nos próximos días para estudar con detalle os cambios nos vestiarios e no acceso ás piscinas xa que "con pequenos cambios facilitámoslle moito a vida", explicou.
Con respecto ao prazo de apertura do centro, séguese mantendo para o 1 de outubro e estanse expondo non dar máis altas ata poder cubrir as necesidades dos máis de 1200 abonados e desta maneira, e, unha vez realizadas, ir incrementándoas aos poucos, concluíu Bamio.