Amigos de Galicia facilita a inserción laboral de seis pontevedreses

Pontevedra
29 de xuño 2017

Camareiro, almacenista, operario de conservas, dependente de tenda de roupa e camareiro de piso. Estes son os cinco postos de traballo cos que a axencia de colocación da Fundación Amigos de Galicia logrou a inserción laboral de seis persoas de Pontevedra 

Traballadoras da Fundación Amigos de Galicia conmemoran o 8 de marzo
Traballadoras da Fundación Amigos de Galicia conmemoran o 8 de marzo /

Camareiro, almacenista, operario de conservas, dependente de tenda de roupa e camareiro de piso. Estes son os cinco postos de traballo cos que a axencia de colocación da Fundación Amigos de Galicia logrou a inserción laboral de seis persoas de Pontevedra. . 

A axencia acaba de elaborar un estudo sobre as insercións laborais que realizou ao longo do ano a través do programa 'Máis e Mellor Traballo', orientado a conseguir a inserción das persoas que por razón de idade, sexo, cargas familiares ou carencia de formación forman parte dos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego.

Segundo explica o orientador laboral da entidade, Jared Villaverde, e demostra o estudo, a maioría dos postos encádranse dentro do sector servizos e a principal característica é que se trata de contratos temporais. A fundación está "a tentar reverter" esa temporalidade para que os traballadores teñan máis seguridade, pero de momento non se conseguiu. 

A fundación está a utilizar novas ferramentas de perfilado que permiten predicir a probabilidade de atopar emprego con determinadas características, facilitar o diagnóstico dos desempregados e crear itinerarios personalizados, pois logran optimizar o uso dos recursos e separar os fluxos de parados, así como desenvolver accións preventivas.

Este programa da fundación conta coa colaboración do Concello e a Deputación de Pontevedra e as persoas interesadas no servizo poden dirixirse á oficina da entidade na Casa da Luz de Pontevedra