Ambiente tenso no Concello de Sanxenxo antes do inicio do Pleno

Sanxenxo
25 de marzo 2013

Os afectados polas preferentes da Plataforma de O Salnés denuncian que quince persoas están encerradas no Concello de Sanxenxo sen poder sair. Segundo explica José Manuel Vázquez, portavoz dos afectados do Salnés, os responsables da seguridade do concello pecharon o edificio para evitar que entren máis membros da plataforma ao pleno desta noite. Desde o Concello de Sanxenxo aseguran que non se lle prohibirá a entrada de ninguén, aínda que o aforo está limitado a corenta persoas

Peche dos afectados polas preferentes no Concello de Sanxenxo
Peche dos afectados polas preferentes no Concello de Sanxenxo

Os afectados polas preferentes da Plataforma de O Salnés denuncian que quince persoas están encerradas no Concello de Sanxenxo sen poder sair.

Segundo explica José Manuel Vázquez, portavoz dos afectados do Salnés, os responsables da seguridade do concello pecharon o edificio para evitar que entren máis membros da plataforma ao pleno desta noite.

"De modo que os compañeiros que levan desde principios deste ano pechados no salón de plenos non poden saír", denuncia este portavoz.

Desde o Concello de Sanxenxo aseguran que non se lle prohibirá a entrada de ninguén, aínda que o aforo está limitado a corenta persoas.

José Manuel Vázquez tachou esta medida de "fascista" e fixo un chamamento "á colaboracion ciudadana para loitar polos aforros e para evitar que nos traten como terroristas. Aqui mostran de que lado estan. Eu quero ser chipriota para que o meu presidente me defenda. A violencia e a falta de xusticia, o noso e desesperacion porque nos rouban o pan, esto e un expolio o pobo para darllo os  ricos".

As Neves e Salvaterra de Miño xa se quedaron sen pleno polas preferentes, o de Sanxenxo arrincará ás 20.00 horas.