Milleiros de persoas participaron das actividades na contorna do centro histórico de Pontevedra este sábado 7 de setembro.
A Feira Franca comezou , como é habitual, coa recreación do transporte do viño.
Unha proposta que desenvolve a asociación Recriativa de Xeve, A Xanela do Maxín, Troula, e Duos Pontes.
Realizaron o percorrido polas rúas de Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría, ata chegar á Peregrina.