Ambicioso plan de mobilidade na cidade durante a celebración do Mundial de Dúatlon

Pontevedra
16 de maio 2014

As restricciones de aparcamiento comezarán o xoves día 29. Durante o sábado 31 e o domingo 1 de xuño pecharase ao tráfico rodado boa parte do centro da cidade. A Policía Local habilita un servizo de consulta ante as posibles dúbidas dos veciños

Presentación do Plan de Mobilidade do Mundial de Duatlón
Presentación do Plan de Mobilidade do Mundial de Duatlón / PontevedraViva

A celebración do Campionato do Mundo de Duatlón en Pontevedra os días 31 de maio e 1 de xuño motivou a elaboración dun ambicioso dispositivo de mobilidade por parte de Concello e Policía Local.

Ese documento foi presentado este venres coa intención de que sexa trasladado á cidadanía durante as dúas próximas semanas a través dos medios de comunicación e de paneles informativos nas rúas afectadas.

Segundo recolle o plan as restriccións de aparcamento comezarán ás 8:00 horas do xoves na rúa Xosé Malvar, seguindo ás 22:00 horas en Cruz Vermella e o venres en Avenida de Bos Aires, Praza de Barcelos, Perfecto Feijoo, Rouco, Fernando Olmedo, Padre Gaite, Avenida de Compostela, Rafael Areses, Cobian Roffignac e Padre Amoedo.

A operación de maior envergadura queda para o corte total da circulación rodada durante o sábado (de 8:00 a 21:00 horas) e o domingo (de 7:30 a 19:00 horas) en boa parte do centro urbano.

Os cortes de tráfico correspóndense ás rúas polas que discorrerán os circuítos deseñados para os tramos de carreira a pé e de ciclismo, afectando ás seguintes vías: Padre Gaite, Perfecto Feijoo, Barcelos, Rouco, Benito Corbal, Praza da Peregrina, Soportais, Curros Enríquez, Rúa Real, Sarmiento, Cobian Roffignac, Cruz Vermella, Álvaro Cunqueiro, Santa Clara, Salustiano Portela, Padre Amoedo, Bos Aires, Xosé Malvar, puente de los Tirantes, Alexandre Bóveda, Rafael Areses, puente de Santiago, Avenida de Compostela y la Nacional 550 entre Pontevedra e Barro, neste último caso só durante o domingo.

Para aclarar as dúbidas que poidan xurdir aos veciños e intentar minimizar as molestias derivadas do campionato, a Policía Local ha habilitado un servizo de atención personalizado a través do teléfono 986 83 30 80.

O dispositivo preparado contará cunha ampla presenza da Policía Municipal na rúa, un dispositivo especial da Garda Civil e ata 556 voluntarios da organización da proba deportiva, que se completa con efectivos de atención sanitaria, un reforzo do guindastre e tamén un servizo especial de limpeza viaria.

Para aparcar na cidade recoméndase usar os aparcadoiros disuasorios, salvo os pechados por atoparse en pleno circuíto, caso do Recinto Feiral.

Pola súa banda, recoméndase tamén que as saídas do tráfico rodado da cidade se realicen polo leste a través da Avenida de Lugo e a PO-542, desde o sur pola Avenida de Vigo e a Autovía de Marín e polo oeste a través das pontes da Barca e As Correntes.