Patrocinado por A.M.A.

A.M.A. Grupo doa 700.000 euros para axudar os profesionais sanitarios afectados pola DANA

Pontevedra
06 de novembro 2024
Actualizado: 19:01

Canalizará a axuda a través dos Colexios profesionais sanitarios da Comunidade Valenciana. Ana Pastor estivo en contacto permanente co conselleiro de Sanidade, Marciano Gómez, e cos presidentes dos Colexios.

Diego Murillo y Ana Pastor, máximos responsables en A.M.A., solidarízanse cos afectados pola DANA
Diego Murillo y Ana Pastor, máximos responsables en A.M.A., solidarízanse cos afectados pola DANA

Consternados polos efectos devastadores da DANA que golpeou duramente a Comunidade Valenciana, con máis de 215 mortos e un número elevado tanto de desaparecidos como de feridos, A.M.A. Grupo vai doar 700.000 euros aos profesionais sanitarios afectados polos estragos das graves inundacións, que sufriron en infraestruturas, propiedades privadas, vehículos e instalacións destinadas a actividades económicas.

Esta axuda de A.M.A. canalizarase a través dos Colexios profesionais sanitarios da Comunidade Valenciana.

Dende que se produciu esta traxedia, a presidenta de A.M.A., Ana Pastor, mantivo un contacto permanente co conselleiro de Sanidade, Marciano Gómez, e cos presidentes dos Colexios, a quen lles trasladou o seu apoio e lles anunciou unha próxima visita en canto se restableza a situación.

Dentro do seu espírito de solidariedade ante as traxedias humanas, esta axuda non é a única que A.M.A. entregou nunha situación de crise humanitaria, a Fundación, que preside o doutor Diego Murillo, un ano despois da súa creación, en maio de 2011, axudou tamén economicamente aos damnificados polo terremoto de Lorca, axuda que canalizou a través dos Colexios sanitarios da Rexión de Murcia.

En marzo de 2022, en resposta á petición de axuda urxente da Fundación Mensajeros por La Paz, a Fundación A.M.A. asistiu tamén aos refuxiados ucraínos. Do mesmo xeito, xa mostrou a súa solidariedade sete anos antes, en novembro de 2015, axudando economicamente aos refuxiados de Siria, Xordania, Macedonia, Hungría, Serbia, Croacia e España.

Para A.M.A., apoiar estas causas, "non só é un deber moral, está na súa natureza abordar calquera actuación que contribúa a paliar, na medida do posible, o sufrimento humano".