Un total de 40 alumnos de alumnos do Instituto de Secundaria Macià Abela, de Crevillente (Alicante), visitaron este martes a área arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas, acompañados por tres profesores e a técnico municipal de turismo encargada de dirixir a visita guiada.
Os alumnos e profesores, que se encontran de vista polas Rías Baixas e Santiago de Compostela, elixiron tamén achegarse ata Tourón coa intención de admirar de xeito directo unha das maiores e mellor conservadas manifestacións da arte rupestre en Galicia.
Os rapaces realizaron o percorrido a pé facendo acompañados dunha técnica municipal facendo pequenas paradas nas cinco estacións rupestres para poder admirar e comprender a arte e a simboloxía dos nosos antepasados.
TRABALLOS DE LIMPEZA
Por outra parte, operarios da brigada municipal contratados dentro do Plan de Emprego de la Diputación, iniciarán en breve os labores de limpeza e roza da área arqueolóxica co fin de permitir o normal tránsito das visitas a esta área rupestre polos sendeiros habilitados para iso.