Alumnado do Sequelo, Carballal e Mestre Landín enfróntanse nunha competición de robótica

Marín
05 de xuño 2019

Esta actividade festiva reuniu ao alumnado dos tres centros no pavillón do CEIP do Carballal abrindo o seu interese no mundo da programación e á automatización

Participantes na competición de robótica
Participantes na competición de robótica

Este mércores disputouse a segunda Competición de robótica escolar organizada polos centros públicos CEP Sequelo, CEIP do Carballal e o IES Mestre Landín en colaboración co Concello de Marín.

Esta competición é o froito das actividades levadas nos centros durante todo o curso para introducir ao alumnado no mundo da robótica e as súas aplicacións.

Nesta ocasión realizáronse tres probas nas que os robots tiñan que superar un circuíto complexo controlado polo alumno; a proba de "sumo" buscaba que os robots permanecesen dentro do circuíto mentres tentaban sacar aos adversarios sen a intervención do alumnado; o "circuíto segue liñas" buscaba ao robot máis rápido en completar a pista sen saírse da liña e de forma autónoma.

Esta actividade festiva reuniu ao alumnado dos tres centros no pavillón do CEIP do Carballal abrindo o seu interese no mundo da programación e á automatización.