Alumnado do IES de Barro asiste á primeira acción de Violencia Zero de 2023

Barro
10 de xaneiro 2023

"Muller auga...", a performance das artistas Ana Abad de Larriva e María Move, busca por en valor a figura da muller e a búsqueda da igualdade

"Muller auga...", é unha performance do programa "Mulleres en Acción. Violencia Zero"
"Muller auga...", é unha performance do programa "Mulleres en Acción. Violencia Zero" / Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra continúa a espallar o programa Mulleres en Acción. Violencia Zero por toda a provincia. Nesta ocasión cunha acción protagonizada pola actriz e creadora escénica Ana Abad de Larriva xunto á artista multidisciplinar María Move. 

Este, que foi o primeiro acto do 2023, tivo lugar este martes, na nave da música de Barro. A el asistiron, ademais de alumnado do IES de Barro, a deputada de Igualdade Victoria Alonso, acompañada do alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e a concelleira Amelia Cancela.

Nesta edición recupérase a precursoras do programa, artistas que estes anos fixeron emerxer, crecer o programa e xerar alianzas entre elas ou con novas colaboradoras, ideando xuntas pezas inéditas.

Neste caso María Move, que participou na edición 2018-2019 de Mulleres en acción. Violencia Zero, traballou xunto a Ana Abad de Larriva, para realizar esta peza conxunta.

"Muller auga...", é unha peza performativa, creada a partir de movemento, sons e proxeccións.

Dun xeito poético, as artistas, tratan de poñer na mente o tema da muller e o coidado así como o da corresponsabilidade, mediante a evocación do mitolóxico. Fala da búsqueda da igualdade entre ambos sexos, visibilizando e poñendo en valor a figura da muller en relación co coidado, a creación e o traballo, deixando ver tamén os retos, dificultades e o desgaste que experimenta no camiño.