Alumnado de dez países estranxeiros, con Francia e México á cabeza, chega ao campus de Pontevedra

Pontevedra
03 de febreiro 2023

Preto dun cento de estudantes estranxeiros están a formarse no campus de Pontevedra. Aos 48 que xa iniciaron o curso no primeiro cuadrimestre, súmanse agora outros 38 que, nos últimos días, chegaron á cidade. Son, en total, 96 os alumnos que proceden doutros países

Alumnos estranxeiros que estudarán no campus de Pontevedra
Alumnos estranxeiros que estudarán no campus de Pontevedra / Universidade de Vigo

Preto dun cento de estudantes estranxeiros están a formarse no campus de Pontevedra. Aos 48 que xa iniciaron o curso no primeiro cuadrimestre, súmanse agora outros 38 que, nos últimos días, chegaron á cidade. Son, en total, 96 os alumnos que proceden doutros países.

O centro que acolleu o acto de benvida a estes novos estudantes, a Facultade de Comunicación, é ademais o centro con máis alumnado internacional do campus, sendo o destino de dezaseis destes 38 mozos e mozas.

Outros nove teñen como destino Belas Artes, mentres que Ciencias da Educación e do Deporte recibe seis estudantes internacionais e Dirección e Xestión Pública, cinco. Tanto a Escola de Enxeñaría Forestal como Fisioterapia acollen un estudante internacional neste cuadrimestre.

Con oito estudantes, Francia sitúase como principal país de orixe do alumnado internacional que chega ao campus nestes meses, mentres que México achega seis e Perú e Arxentina, cinco. Tamén hai estudantes de Italia, Turquía, Colombia, Estados Unidos, Chile e Corea do Sur.

Este alumnado procede tanto do programa comunitario Erasmus+, como dos convenios bilaterais que a Universidade de Vigo ten asinado con institucións académicas de diferentes países e do programa ISEP, de intercambio con Estados Unidos.