As mariscadoras da Confraría de Lourizán traballaron este luns na zona VI dos Praceres.
Era o regreso á faena tras medio ano de paro e había nervios e preocupación entre este colectivo de profesionais ante a incerteza do que se ían a atopar.
Así que foi unha alegría descubrir que había ameixa de bo tamaño e de clase A, mesmo bastante berberecho. A presidenta da agrupación de mariscadoras da Confraría de Lourizán, Loli Moreira, confirmábao "estamos muy contentas. Gracias a dios, la verdad es que nos llevamos una sorpresa y encontramos muy buena mercancía".
Esta primeira xornada alimentou o optimismo no sector e deu por bos os seis meses de peche da actividade do marisqueo ante un pósito que parece recuperar a súa produción.
Sirva como referencia que en tan só media hora as mariscadoras lograran recoller os 5 quilos de ameixa japónica que tiñan asignada de cota.
Desde finais de decembro as mariscadoras pontevedresas non volvían á faena e durante este tempo todo apunta que a decisión, ademais de obrigada foi correcta xa que as praias fóronse rexenerando e aumentou a presenza de molusco bivalvo vivo. Aínda que Loli Moreira destacou que isto tamén foi grazas ao traballo de rexeneración nos bancos marisqueiros durante este tempo oxigenando el terreno, haciendo traslados o arando con el barco".
Maria del Carmen Vázquez, patroa maior da Confraría de Lourizán lembra que este paro de case sete meses "fue algo más que insólito porque la situación que tiene el mar y el calor que hay en las aguas y todo esto no es nada normal".
Agora esperan que continúe esta alegría e que este martes poidan recoller tamén a ameixa fina. Unha das máis cotizadas, pero tamén a máis escasa.