Alfonso Rueda: "No nos gusta el emplazamiento pero no hay una alternativa a Ence"

Pontevedra
26 de abril 2019

O presidente provincial dos populares asistíu a manifestación e recoñece que se o PP consegue o goberno central seguirá estando dacordo coa prórroga concedida polo goberno de Rajoy a Ence. Considera unha irresponsabilidade do PSOE o achantamento por parte da Avogacía do Estado na causa contra a prórroga

Alfonso Rueda, presidente provincial do PP, coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, na manifestación de apoio a Ence
Alfonso Rueda, presidente provincial do PP, coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, na manifestación de apoio a Ence / Mónica Patxot
Alfonso Rueda: "Hay una irresponsabilidad enorme por parte del PSOE" /

O presidente provincial do Partido Popular e vicepresidente da Xunta de Galicia asístía na tarde deste venres á manifestación para que se manteña a fábrica de Ence en Lourizán.

Alfonso Rueda manifestaba no inicio da marcha que os populares cren que Pontevedra non pode perder os postos de traballo e que a Xunta de Galicia sempre mantivo unha "postura clara en defensa de Ence" porque, sinalou, non hai alternativas á empresa na comarca.

Insistiu en que non lle gusta o emprazamento pero recoñeceu que se non está aí marcharía da comarca e probablemente de Galicia. Alertou das numerosas familias que dependen directa e indirectamente da fábrica pasteira.

Rueda culpou tamén ao Partido Socialista por ter cometido unha "irresponsabilidad enorme", e sinalou que por "cálculo electoral" decidiu prescindir do que Ence supón. Por este motivo, numerosos dirixentes do PP asistiron á manifestación incidindo en que son moitos postos de traballo e non se pode prescindir deles.

En canto á posibilidade de que un hipotético goberno central do Partido Popular, despois das eleccións do vindeiro domingo, dera marcha atrás no achantamento da Avogacía do Estado na causa aberta con motivo da prórroga de Ence, Alfonso Rueda lembrou que a Xunta de Galicia non ten aínda unha notificación nin coñece o expediente que, entende, se lle debería ter trasladado.

En todo caso, apuntou que cun goberno do Partido Popular se concedeu a prórroga con todas as fiscalizacións previas por parte da Xunta de Galicia e recoñeceu que, como están dacordo con ela, se nada cambiou, a postura do PP non vai cambiar.

Arquivado en