Alfonso Rueda destaca o "gran peso político" da candidatura do PP de Pontevedra

Pontevedra
22 de xuño 2020

Resalta que a candidatura pontevedresa está "encabezada polo mellor candidato que podíamos ter e que conta con representantes de todas as comarcas da provincia"

Candidatura do PP de Pontevedra ás eleccións autonómicas do 12 de xullo
Candidatura do PP de Pontevedra ás eleccións autonómicas do 12 de xullo /

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, puxo en valor a lista que presentan pola provincia para as eleccións autonómicas do 12 de xullo, "unha candidatura forte, unida, con gran peso político e, sobre todo, preparada para traballar por Galicia e pola provincia de Pontevedra", dixo.

"Un equipo preparado para xestionar desde o minuto un, sen perder o tempo no innecesario e sen improvisacións", destaca. Nesta liña, di que a candidatura de Pontevedra "está encabezada polo mellor candidato que podíamos ter, e conta con representantes de todas as comarcas da provincia".

Así, ademais de incluír a todos os conselleiros e altos cargos do último mandato, "porque son persoas que fixeron un gran traballo tanto antes como durante a crise sanitaria", a lista tamén pon en valor o municipalismo, e por iso "inclúe concelleiros e persoas que saben ben o que é a política de proximidade".

Rueda entende que "é momento de aportar respostas e de facer propostas", e de poñer en valor toda a xestión da Xunta durante estes meses, "nos que tivo a capacidade de anticiparse, reaccionar e actuar".

"Os cidadáns deberán elixir entre que goberne Feijóo cunha cuarta maioría absoluta, que demostrou que sabe xestionar e que vai traballar desde o primeiro momento en xestionar as consecuencias sociais e económicas da pandemia, ou deixar o futuro de Galicia e dos galegos a unha suma de ata catro partidos", asegura Alfonso Rueda.

Nesta liña, incide en que "somos o partido que máis se parece a Galicia pero tamén o que máis defende a Galicia. Ademais, estes tres meses demostraron a necesidade de ter un proxecto serio e sólido para ofrecer certezas e confianza".

CANDIDATURA

  1. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO
  2. CORINA PORRO MARTÍNEZ
  3. ALFONSO RUEDA VALENZUELA
  4. JESÚS VÁZQUEZ ALMUÍÑA
  5. MARÍA GUADALUPE MURILLO SOLÍS
  6. ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
  7. VALERIANO MARTÍNEZ GARCÍA
  8. JOSÉ MANUEL CORES TOURÍS
  9. MARTA MARÍA FERNÁNDEZ-TAPIAS NÚÑEZ
  10. MARÍA ELENA SUÁREZ SARMIENTO
  11. JOSÉ ALBERTO PAZOS COUÑAGO
  12. SILVESTRE JOSÉ BALSEIROS GUINARTE
  13. MARÍA NAVA CASTRO DOMÍNGUEZ
  14. TERESA EGERIQUE MOSQUERA
  15. MARÍA FELISA RODRÍGUEZ CARRERA
  16. MANUEL SANTOS COSTA
  17. MOISÉS RODRÍGUEZ PÉREZ
  18. BELÉN CACHAFEIRO ANTA
  19. FERNANDO PÉREZ DOMÍNGUEZ
  20. ANA CRISTINA PÉREZ CABALEIRO
  21. MARÍA DOLORES HERMELO PIÑEIRO
  22. GUILLERMO JUNCAL PEÑAS

Suplentes:

  1. ALBERTO ACUÑA CRESPO
  2. MARÍA ISABEL COUSELO TORRES
  3. MARÍA VANESA ALONSO GÁNDARA
  4. CARLOS MANUEL MARTÍNEZ NOGUEIRA
  5. ISMAEL GIRÁLDEZ LAGE