Alfonso Rueda cualifica de "decisión clave" o aval de Costas á depuradora de Praceres

Pontevedra
11 de agosto 2015

O vicepresidente remitiu á Consellería de Medio Ambiente, titular da depuradora dos Praceres, as explicacións obre os distintos pasos que se van dar para, primeiro normalizar a situación xurídica dos terreos e, en segundo lugar, ampliar unhas instalacións que demostraron ser insuficientes para dar un correcto servizo aos municipios de Pontevedra, Poio, Marín e Vilaboa  

Estación depuradora de augas residuais dos Praceres
Estación depuradora de augas residuais dos Praceres / PontevedraViva

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou esta "satisfeito" polo aval da Dirección Xeral de Costas á concesión da depuradora de augas de Praceres, incluída na resolución respecto á situación da fábrica de Ence en Pontevedra.

Rueda declarou que esta "é unha decisión clave, non tería tido moito sentido outra", recordando o "interese xeral" da Estación Depuradora de Augas Residuais e do emisario submarino que atravesa o dominio público marítimo terrestre, ambos os dous afectados por esta resolución.

O vicepresidente remitiu á Consellería de Medio Ambiente, titular da depuradora dos Praceres, as explicacións obre os distintos pasos que se van dar para, primeiro normalizar a situación xurídica dos terreos e, en segundo lugar, ampliar unhas instalacións que demostraron ser insuficientes para dar un correcto servizo aos municipios de Pontevedra, Poio, Marín e Vilaboa.

Arquivado en