Alfonso Rueda avoga pola estabilidade en Galicia nun acto con simpatizantes do PP en Poio

Poio
21 de agosto 2016

Os populares celebraron a undécima edición da romería organizada polo PP de Poio, á que tamén asistiu a vicesecretaria de Estudios e Programas do PP, Andrea Levy

Romaría do Partido Popular en Poio
Romaría do Partido Popular en Poio / Partido Popular

O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, fixo un chamamento á estabilidade para Galicia ante a situación que están a sufrir outras formacións políticas. Segundo Rueda, os galegos precisan estabilidade e non bromas nin disputas como as que se mostran no resto de partidos.

Así o manifestou na undécima romaría do PP en Poio que se desenvolveu durante este domingo 21 coa asistencia da vicesecretaria de Estudos e Programas do PP, Andrea Levy, ademais do presidente local do partido, Ángel Moldes.

Rueda destacou a política social do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre outras medidas realizadas polo executivo galego. "Este partido vai gañar as eleccións e imos demostrar en España que somos capaces de decidir que queremos estabilidade, non ese lío que estamos vendo en Madrid", apuntou o presidente provincial do PP neste evento.

Arquivado en