Alfageme primeiro "marrón" para o conselleiro Conde

O Salnés
11 de decembro 2012

O mércores coñeceranse as ofertas por Alfageme e resolverase o recurso do Igape, segundo palabras dos sindicatos, será o primeiro "marrón" ao que se enfronte o recentemente nomeado conselleiro, Francisco Conde, que substitúe na carteira de Economía e Industria a Javier Guerra

Francisco Conde toma posesión do seu cargo como conselleiro de Economía e Industria
Francisco Conde toma posesión do seu cargo como conselleiro de Economía e Industria / Xunta de Galicia

O mércores coñeceranse as ofertas por Alfageme e resolverase o recurso do Igape, segundo palabras dos sindicatos, será o primeiro "marrón" ao que se enfronte o recentemente nomeado conselleiro, Francisco Conde, que substitúe na carteira de Economía e Industria a Javier Guerra.

O prazo para presentar ofertas por Alfageme na poxa do día 20 concluíu o venres, pero ata o mércores non se saberá si hai algunha presentada debido a que a consignación de 150.000 euros pódese facer por transferencia bancaria.

Curiosamente ese mesmo dia o Xulgado Mercantil número 3 de Pontevedra deberá resolver o recurso presentado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) contra as bases que regulan a poxa, e non descarta poxar para quedarse coa empresa.

No recurso o Igape oponse ao baixo prezo no que os administradores concursais valoraron á maquinaria e as dúas fábricas de Ribadumia e Vilaxoán. Tamén reclama que se vendan conxuntamente e non por lotes.

Arquivado en