As sospeitas dunha veciña da zona de San Xoán de Poio foron determinantes para que un home perseguido pola xustiza fose localizado este luns 26 polas forzas policiais.
A muller chamaba aos axentes da Policía Local de Poio ao redor das 08.00 horas ao comprobar a presenza dun individuo en actitude sospeitosa pola zona. Os axentes achegábanse ata o lugar e detiveron o home ao comprobar os antecedentes que presentaba.
O mozo arrastraba unha orde de procura, detención e comparecencia no xulgado de Instrución número uno de Granollers tras tramitarse unha denuncia por un roubo con forza en Barcelona.
O detido, natural da Coruña, ten 23 anos e atópase pendente do xuízo por ese delito. Ao longo deste martes pasaba a disposición xudicial.