Alejandro Regueiro lidera a candidatura alternativa para presidir o Liceo Casino

Pontevedra
13 de setembro 2018

O candidato aposta porque o Casino sexa un punto de encontro para todas as xeracións, potenciar o uso das instalacións, mellorar a comunicación cos socios e volver ser un referente social e cultural en Pontevedra

Directiva de Alejandro Regueiro, candidato á presidencia do Liceo Casino
Directiva de Alejandro Regueiro, candidato á presidencia do Liceo Casino / Alejandro Regueiro

Alejandro Regueiro Domínguez presentou oficialmente a súa candidatura ás eleccións á presidencia do Liceo Casino de Pontevedra que se celebrarán o próximo 28 de setembro. 

A directiva que lidera Regueiro está formada por Mercedes Arbolí Cervera-Mercadillo, como tesoureira; Andrés Domínguez Artime, María Prieto Cervera-Mercadillo, Daniel Tomás López, María Victoria Lage Zapatero, Sergio Lage Cuiñas e Pilar Piñón Esteban.

Esta candidatura preséntase como alternativa e está formada por netos, fillos e pais de socios, usuarios habituais das instalacións, que se atopan en contacto con gran parte da masa social desta entidade. Regueiro proxecta, en caso de gañar as eleccións, crear comisións de expertos en diferentes campos para tomar as mellores decisións.

A súa proposta busca dinamizar a sociedade para integrar a todas as xeracións, mellorar a comunicación, atendendo as demandas dos socios e alcanzar acordos de colaboración con outras entidades da comarca que permitan unha mellora das ofertas sociais, culturais e solidarias do Liceo Casino.

A presentación do proxecto levará a cabo o luns 17, ás 20.00 horas no salón do Liceo Casino, na rúa Manuel Quiroga. Neste acto, a candidatura de Alejandro Regueiro ofrecerá datos da súa proposta de xestión para a sociedade durante o próximos catro anos.