A Aldea de Nadal de Vilalonga acollerá un baile para maiores previo a fin de ano

Sanxenxo
26 de decembro 2024

A actividade enmárcase dentro da programación que a concellaría de Servizos Sociais e Maiores realiza ao longo do ano cos maiores do municipio, pero cun carácter máis festivo

Unha parella de persoas maiores bailando
Unha parella de persoas maiores bailando / Concello de Vilagarcía de Arousa

Sanxenxo celebrará o próximo 29 de decembro un baile previo a fin de ano para os maiores na carpa da Aldea de Nadal, en Vilalonga, ás 18:30 horas.

A actividade, enmárcase dentro da programación que a concellaría de Servizos Sociais e Maiores, dirixida por Paz Lago, realiza ao longo do ano cos maiores do municipio, pero cun carácter máis festivo para despedir o ano.

"Convidamos a todos a que veñan a esta festa, onde non faltará nin o cotillón nin a música nin as uvas", asegura Lago.

A este respecto, a edil anima aos interesados a que se vistan de gala para despedir 2024 e darlle a benvida ao ano que entra.

O Concello ten activos varios programas dedicados ao coidado das persoas maiores como o SAF, o taller de memoria, o centro de día ou a educación física para maiores.

Pero esta atención non se limita só a cubrir esas necesidades, xa que desde a concellaría de Servizos Sociais e Maiores consideran importante que poidan socializar, compartir e gozar.

Por iso é polo que invistan case 44.000 euros en concepto de alugueres e actividades de lecer ao longo de todo o ano, canalizadas a través dos clubs de xubilados de Noalla, Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga.