Albóndegas de filetes de xarda Pescamar

Pontevedra
07 de marzo 2020

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha receita na que imos aproveitar todas as calidades da xarda, un dos peixes azuis máis prezados polo seu alto contido en ácidos graxos omega-3, moi indicados para protexer o noso corazón

Albóndegas en salsa
Albóndegas en salsa / Sharon Chen en Flickr

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña  gourmet en conserva" cunha receita para toda a familia: as albóndegas. Nesta ocasión, Conservas Pescamar proponnos unha elaboración con filetes de xarda.

A cabala ou xarda é un dos peixes azuis máis prezados polo seu alto contido en ácidos graxos omega-3, moi indicados para protexer o noso corazón e previr unha gran variedade de enfermidades cardiovasculares.

Para preparar unhas deliciosas Albóndegas de filetes de xarda Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 4 latas de filetes de cabala do sur en aceite de xirasol Pescamar

- 1 cebola

- 1 chorro de viño branco

- 2 dentes de allo

- 3 ovos

- Fariña

- Pan relado

- Aceite

Preparación:

Cocemos os ovos, deixámolos arrefriar e picámolos.

Nun bol, prepararemos a masa das albóndegas: mesturamos ben os filetes de cabala do sur en aceite de xirasol Pescamar co viño branco, os ovos picados e o pan relado.

Facemos varias bólas ata esgotar toda a mestura.

Pasamos as albóndegas pola fariña e fritímolas en aceite. A continuación, colocámolas sobre un papel absorbente para eliminar o exceso de graxa.

No mesmo aceite douramos ben a cebola picada, á que agregaremos un chisco de fariña. Trituramos a cebola e pasámola a unha cazola de barro onde poñeremos tamén as albóndegas e un pouco do líquido dunha das latas de filetes de cabala do sur en aceite de xirasol Pescamar, deixándoo cocer todo a lume lento durante 15 minutos.

Nuns días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña  gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.