AJE recoñece un ano máis o esforzo e dedicación dos novos empresarios e emprendedores

Pontevedra
13 de outubro 2013

O próximo 8 de novembro no Liceo Casino recoñecerase un ano máis (e xa van 18) os novos empresarios e emprendedores que "co seu esforzo e dedicación contribúen día" a día a crear riqueza e emprego" "nesta provincia". A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra entregará os premios Novo Emprendedor e Novo Empresario do Ano 2013

O próximo 8 de novembro no Liceo Casino recoñecerase un ano máis (e xa van 18) os novos empresarios e emprendedores que "co seu esforzo e dedicación contribúen día" a día a crear riqueza e emprego" "nesta provincia". A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra entregará os premios Novo Emprendedor e Novo Empresario do Ano 2013.

A convocatoria está xa aberta para que a recepción de candidaturas ata o 4 de novembro, tras a presentación esta semana por parte da presidenta de AJE Pontevedra, Lucía Pedroso, e o presidente da federación galega, José Manuel Valenzuela. Explicaron que están dirixidos a "aquellas ideas de negocio que sean lideradas por jóvenes de nuestra provincia y sean viables técnica y económicamente".

Os premios, que inicialmente tiñan só a modalidade de novo empresario, buscan "apoiar, potenciar e difundir a iniciativa dos empresarios máis mozos de nestra provincia" e recoñecer os que "co seu traballo e dinamismo permiten xerar postos de traballo e riqueza para hoxe e para o futuro".

Segundo recollen as bases da convocatoria, AJE busca "recompensar ese espírito de loita que move a estes mozos a superar todos os obstáculos, actualizar a súa imaxe, os seus recursos e a súa enerxía en crear unha empresa da que "toda a sociedade se beneficia". Para dar esta recompensa, este ano, por primeira vez, o gañador na categoría de Novo Emprendedor recibirá como premio un ano de aloxamento gratuíto nun dos viveiros do Consorcio Zona Franca de Vigo. Lucía Pedroso resaltou a importancia deste premio porque "a muchos nos habría dado la vida no tener que estar preocupados en pagar el alquiler durante un año".

Con este novo premio como reclama, aspiran a manter o nivel e a cantidade de solicitudes da anterior edición dos premios. En 2012 presentáronse 42 e Lucía Pedroso fai un chamamento público para que este ano entregan as súas candidaturas todos os que consideren que as súas empresas (creadas hai menos de 18 meses) cumpren os requisitos que se poden consultar na súa páxina web.

O premio Novo Emprendedor tamén está dotado con 1.000 euros en formación na Escola de Negocio Novagalicia Banco e o premio Novo Empresario está dotado cun iPad e 3.000 euros destinados a formación no mesmo centro formativo. Ademais, haberá dous premios accésits que premiarán a innovación e a creación de emprego e unha mención especial na que se outorgará un premio conmemorativo.