AJE Pontevedra repartirá máis de 45.000 euros en premios aos empresarios do ano

Pontevedra
27 de setembro 2019

Os premios compóñense das categorías principais de XoveEmpresario do Ano e XoveEmprendedor do Ano e dos accésits de Innovación, Creación de Emprego e, como novidade, de Responsabilidade Social Empresarial. Así mesmo, todas as empresas que se presenten optarán a unha nave no viveiro de empresas de Lalín

Presentación da XXIV Edición del Premio Xove Empresario do Ano 2019
Presentación da XXIV Edición del Premio Xove Empresario do Ano 2019

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE), presentou este venres a XXIV edición do Premio Xoven Empresario do Ano coincidindo co 30 aniversario da asociación.

Durante a presentación, Jesús Rey, presidente de AJE, anunciou as novidades desta nova edición ademais do obxectivo do obsequio.

O premio, que xurdiu para fomentar o espírito emprendedor e recoñecer o labor dos empresarios que xeran riqueza e valor na provincia de Pontevedra, será de máis de 45.000 euros e conta coas seguintes novidades.

Nun primeiro lugar, os premios compóñense de dúas categorías principais: Xoven Empresario do Ano e Xoven Emprendedor do Ano.

Ao gañador do galardón de Xoven Empresario do Ano premiaráselle con 500 euros en efectivo para gastos de consolidación da empresa, unha nave con vixencia dun ano no Polígono de Barro-Meis dependendo das necesidades da empresa, un computador, un cheque de 6000 euros de formación na Galicia Bussines School e un ano de afiliación gratuíta a AJE.

Pola súa banda, ao premiado en Xoven Emprendedor do Ano outorgaráselle un cheque 500 euros para gastos de constitución da empresa, aloxamento gratuíto durante un ano dos viveiros, un computador, un cheque de 6000 euros de formación na Galicia Bussines School e un ano de afiliación gratuíta a AJE.

Así mesmo, haberá tres accésits: Innovación, Creación de Emprego e, como novidade, o accésit de Responsabilidade Social Empresarial. O premio para estas tres será dun Ipad, un cheque de 2.000 euros de formación na Galicia Bussiness School e seis meses de afiliación gratuíta a AJE.

Ademais destes premios, todas as empresas que se presenten optarán a unha nave no viveiro de empresas de Lalín.

As condicións para presentarse serán para aquelas persoas menores de 41 anos cuxa empresa teña o domicilio social en Pontevedra e o seu capital estea participado nun 25 por cento e poderanse presentar a través do correo electronico [email protected]. Pola súa banda, as bases poderanse consultar a partir do luns 30 de setembro na páxina web de AJE Pontevedra.

O acto celebrarase o 31 de outubro ás 20:30 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra onde, como cada ano, entregarase o Premio Honorífico a un empresario recoñecido de prestixio da provincia de Pontevedra, nome que se anunciará nos próximos días.