Agustín Reguera supervisou as actuacións realizadas na Casa Consistorial de Ribadumia

O Salnés
24 de marzo 2025
Actualizado: 17:36

As obras incluíron a ampliación das instalacións eléctricas, a pavimentación exterior da Casa Consistorial e a instalación dun sistema de climatización nos Servizos Sociais

David Castro e Agustín Reguera
David Castro e Agustín Reguera / Concello de Ribadumia

O delegado territorial da Xunta de Galicia, Agustín Reguera, visitou este luns o Concello de Ribadumia para coñecer de primeira man os traballos realizados en diferentes infraestruturas municipais.

Segundo explicou, o obxectivo da actuación foi mellorar a eficiencia enerxética, optimizar os servizos e garantir un maior confort.

Durante a visita, o delegado territorial estivo acompañado por representantes do goberno municipal e das empresas que realizaron os traballos.

Agustín Reguera supervisou algunhas das melloras realizadas, como a ampliación das instalacións eléctricas, a súa adaptación ás novas máquinas de climatización para mellorar a eficiencia enerxética e a ordenación da parte traseira do edificio para optimizar a xestión das instalacións térmicas.

No Edificio de Servizos Sociais, instalouse ademais un novo sistema de climatización con unidades interiores individuais, mellorando o confort e a eficiencia térmica dos espazos.

Tras percorrer as instalacións, o delegado territorial destacou a importancia destas actuacións que supoñen unha mellora inmediata na calidade dos servizos municipais.

Reguera engadiu que esta actuación tamén responde a un compromiso coa eficiencia enerxética e coa optimización dos recursos públicos.

Dende o Concello de Ribadumia se reafirma con estas accións a nosa aposta por unhas infraestruturas modernas e sostibles, garantindo que os espazos municipais se adapten ás necesidades da veciñanza e cumpran cos estándares de eficiencia e confort.

Visita de Agustín Reguera a Ribadumia
Visita de Agustín Reguera a Ribadumia