O Concello de Marín presentou este martes a Festa da Xarda que organiza a Asociación de Pescadores Chirleu de Aguete. A cita terá lugar o día 19 de agosto a partir das 20.30 horas no Peirao de Aguete.
Haberá de degustación de xardas asadas, pan, veu e refrescos para todos os asistentes. Ademais, a velada contará coa animación musical dun grupo de gaitas.
Na presentación da vixésimo primeira edición desta festa gastronómica participaron representantes da asociación de pescadores acompañados polos concelleiros Marían Sanmartin e Pablo Novas.